A industria alimentaria require unha hixiene exhaustiva para conseguir que os seus alimentos cheguen ao consumidor final sans e inocuos. Para acadar este fin, é imprescindible garantir a limpeza e desinfección en todas as partes do proceso.
Os produtos químicos de Proquideza, deterxentes e desinfectantes, xunto co noso servizo de asesoramento e control, permítenos ofrecer solucións e mellorar a hixiene alimentaria da túa organización.
A relación entre alimentación, saúde e as esixencias do consumidor converten o concepto “hixiene alimentaria” nun termo moi amplo, de gran interese para os profesionais do sector. O noso coñecemento e experiencia permítenos asesorarte na selección da alternancia máis eficaz e rendible, garantindo unha hixiene óptima na túa industria. Buscamos a optimización de procesos, co fin de aforrarche custos, garantindo a seguridade da túa empresa e reducindo o impacto medioambiental ao mínimo.