A limpeza e mantemento industrial abrangue procesos e produtos de diversa natureza. En Proquideza poñemos ao servizo da túa organización unha extensa gama de deterxentes, xampús, desengraxantes, ceras, así como produtos destinados ao mantemento de maquinaria, para o ámbito da construción ou o coidado profesional de piscinas.
O cumprimento da lexislación vixente e a redución de custos perfílanse como fundamentais no teu negocio e nós sabémolo, por iso buscamos optimizar os procesos reducindo non só os teus gastos, senón tamén o impacto medioambiental ao mínimo.
En Proquideza contamos con experiencia en distintos sectores e poñemos o noso coñecemento ao teu servizo. O noso obxectivo é axudarche a atopar a mellor solución tanto en eficiencia como en rendabilidade e por esta razón estudamos o caso concreto da túa empresa, ofrecéndoche sempre unha resposta personalizada. A seguridade dos teus traballadores e clientes é para nós tan importante como para ti, por iso non só che ofrecemos o produto, senón que te acompañamos e asesoramos durante todo o proceso.