Proquideza deseña, fabrica e comercializa especialidades químicas centradas nos ámbitos agroalimentario, alimentario e industrial, aos que ofrecemos solucións específicas dentro do sector da hixiene.
A innovación e o respecto cara ao medio ambiente constitúen a base do noso crecemento e permitiron que nos especializaramos para ofrecer unha extensa gama de produtos químicos adaptados ás necesidades de cada un dos nosos clientes.
Entendemos que as solucións integrais son máis efectivas, por iso ofrecemos servizos de consultoría e formación destinados a mellorar o funcionamento das organizacións coas que colaboramos para aumentar a calidade dos seus procesos e establecemos protocolos integrais de prevención e control específicos para cada unha das súas áreas.
O compromiso de Proquideza coa súa contorna tradúcese no ámbito medioambiental pero tamén no social, laboral e educativo onde desenvolvemos os seguintes convenios de colaboración con institucións formativas:
- Convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas de alumnos das titulacións de Grao en Química e de Enxeñería Química da Escola Técnica Superior de Enxeñería.
- Convenio específico para o desenvolvemento da formación en centros de traballo coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, con centros de formación como o IES Laxeiro de Lalín, o IES Pontepedriña, así como o Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude.
Innovación
Implantación dun ERP , proxecto cofinanciado polo fondo europeo de desenvolvemento rexional.
• Certificación ISO 14001 Sistemas de Xestión Ambiental
• Certificación de Sistemas de Xestión da Calidade ISO 9001