Cremos que as mellores solucións son as que te guían en cada unha das partes do proceso. Este é o motivo polo que en Proquideza non nos limitamos a fabricar e comercializar produtos e apostamos por ofrecerche solucións integrais onde a consultoría, a asesoría e a formación xogan un papel fundamental.
CONSULTORÍA
Trazamos un plan de limpeza e desinfección e axudámosvos a poñelo en marcha.
FORMACIÓN ESPECIALIZADA
Ofrecemos formación para levar a cabo accións de limpeza, desinfección e deterxencia.
CONTROL DE PROCESOS
Establecemos un protocolo de control sobre a hixiene da túa empresa.